Ahi ven o maio de frores cuberto puxeronse a porta cantandome os nenos os puchos furados pra min extendendo pedironme crocas dos meus castiñeiros. Ah,ah,ah,ah, ah,ah,ah,ah. Pasai rapaciños calados e credos que o que é polo de hoxe que darvos non teño eu sonvos o probe: o povo galego pra min non hai maio,pra min sempre é inverno. Ah,ah,ah,ah, ah,ah,ah,ah. Cando eu me atopare de donos liberto que o pan non mo quiten,trabucos e prestemos que,coma os do abade, frorezan meus eidos chegado haberá enton o maio que eu quero. Ah,ah,ah,ah, ah,ah,ah,ah. Queredes castañas dos meus castiñeiros cantademe un maio sen bruxas nen demos un maio sen segas, usuras nen preitos Louro´04